Rianxo Ciencia convídanos a observar as estrelas

01 Agosto 2019

20190801 O Concello de Rianxo está a organizar este verán unha actividade divulgativa sobre astronomía, co engadido extra de que non se esixe a visita obrigada a ningún centro de observación específico: o centro de observación é o propio paseo local da Ribeira, a carón do busto de Castelao. A actividade, inserida en Rianxo Ciencia, inclúe dúas sesións divulgativas: a primeira desenvolveuse onte, 31 de xullo, e a seguinte será o vindeiro martes, 6 de agosto.

As quedadas, que comezan á noitiña (sobre as 22.30 horas) servirán para ampliar o noso coñecemento sobre os elementos que están alén da bóveda celeste: os planetas do noso sistema solar, as estrelas duplas, os cúmulos estelares, etc. As actividades, que poden verse adiadas se as condicións do clima non son as máis favorábeis para a observación, veñen da man do Concello de Rianxo, Rianxo Ciencia, a Universidade de Santiago e maila Xunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...