Os equipos feminino e masculino de Cabo de Cruz gañan a Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña

15 Agosto 2019

20190815.- Os Clubs de Remo Cabo de Cruz foron os gañadores da I edición feminina e da XXX masculina da  Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña. Na categoría masculina, e cun tempo de dezaoito minutos e cincuenta segundos, a embarcación boirense superou en sete segundos ás de Ares e Rianxo, que chegaron segunda e terceira, respectivamente, con escasa marxe de diferenza.

Por outra banda, na categoría feminina o Club de Remo Cabo de Cruz logrou conseguir a I Bandeira de Traíñas feminina con un tempo de vintiun minutos e dezanove segundos, impoñéndose ao Náutico de Ribeira, Regatas Perillo e Mar de Mugardos. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e a responsable de deportes, Cristina Capelán, foron os encargados de entregar as bandeiras ás tripulacións das embarcacións gañadoras.

A clasificación quedou do seguinte xeito:

Categoría feminina:

GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo:  21´19´´64

2º clasificado: Náutico de Ribeira. Tempo: 21´44´´47

3º clasificado: Regatas Perillo. Tempo: 22´37´´88

4º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo: 23´25´´40

Categoría masculina:

GAÑADOR: Club de Remo Cabo de Cruz. Tempo:  18´57´´69

2º clasificado: Club do Mar Ares. Tempo:  19´04´´03

3º clasificado: Club Rianxo. Tempo:  19´30´´13

4º clasificado: Mariñeiro de Mera. Tempo:  19´34´´66

5º clasificado: Esteirana. Tempo:  19´35´´43

6º clasificado: Cabana-Ferrol. Tempo:  20´00´´13

7º clasificado: Club de Remo Muros. Tempo:  20´06´´06

8º clasificado: Mar de Mugardos. Tempo:  20´11´´70

9º clasificado: Club Regatas Perillo. Tempo: 20´28´´16

Este ano, os premios ascenderon a 20.800 euros, para as dúas categorías,  con 2.500 euros para primeiro clasificado e 800 euros para o noveno. Os premios teñen a mesma contía para os catro primeiros clasificados , tanto na categoría feminina como masculina. Por primeira vez esta competición deportiva non se desenvolveu en augas costeiras.


Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.