Oleiros estará en festas a partir de mañá

29 Agosto 2019

20190829. A parroquia ribeirense de San Martiño de Oleiros celebrará desde mañá venres, 30 de agosto, ata o domingo, 1 de setembro, as súas Festas do Carme grazas a tres mozos que decidiron unirse e formar unha comisión para manter esta tradicional festividade. Os impulsores son Moisés Domínguez, Lisardo Pérez e Ernesto Pego, que hoxe presentaron a programación no centro social da localidade xunto a María Sampedro, concelleira de Cultura, que colabora na iniciativa.

Sampedro salientou a actitude exemplar desta xente moza que adoptou a responsabilidade de coller as festas, propiciando un relevo xeracional e, ao mesmo tempo, mantendo as tradicións.

Pola súa parte, Moisés Domíngez explicou neste senso que se tratou de organizar unha programación ao gusto de toda a veciñanza, combinando desde actividades infantís ata actos relixiosos e amosou a súa esperanza de que todos o pasen ben en compañía de amigos e familiares.

Así, o día de mañá venres estará dedicado á honra de San Roque e San Antonio, arrancando con dianas e alboradas para acoller despois unha Misa solemne, ás 13.00 horas, coa posterior procesión. Pola noite, a explanada do centro social dará cabida á actuación da orquestra Ibiza, á discoteca móbil Eme Music e a unha sesión DJ con Kike Varela.

O sábado, 31 de agosto, estará dedicado á Virxe do Carme. Unha vez máis haberá dianas, alboradas, Misa ás 13.00 horas e procesión. Ademais, a xornada acollerá un maratón futbolístico no campo da Trinidade con dous partidos entre o Atlético Oleiros e o Xuño, un de cadetes, ás 11.30 horas, e outro dos xuvenís, ás 18.30 horas.  A verbena da noite estará amenizada pola orquestra Johnny Maquinaria e pola discomóbil Planet.

Por último, o domingo, 1 de setembro, haberá Misa solemne, ás 13.00 horas, na honra do Santísimo Sacramento e posterior procesión coa participación da Banda de Música de Caamaño. Así mesmo, o cartel contará, ás 14.00 horas, con sesión vermú que inclúe a celebración da V Festa da Empanada e a actuación do DJ Machito GT. Ás 17.00 horas, desenvolverase na explanada do centro social unha festa infantil con inchables, tío vivo, festa da escuma ou touro mecánico e unha merendola. Os festexos rematarán á medianoite con lanzamento de bombas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.