O pobrense areal de A Lombiña acollerá unha proba de volei praia

21 Agosto 2019

20190821. A terceira proba do XIX Circuíto Barbanza de volei praia chega ao areal de A Lombiña, na Pobra do Caramiñal, e contará con nova modalidade. O 3×3 popular, onde xogarán en grupos e clasificarán segundo a posición en modalidades Ouro, Prata e Bronce, para chegar a semifinais e finais por nivel.

Os partidos comezarán sobre as 10.00 horas. Ao finalizar o 3×3 empezará a previa sénior, tanto masculina coma feminina e a entrada dos 8 cabezas de serie do circuíto agárdase para as 22.00 horas. Así, xogaranse partidos ata preto das 03.00 horas.

A competición retomarase ao redor das 10.00 horas do domingo e as finais serán en torno ás 18.00 horas.

A inscrición pecha hoxe ás 22.00 horas.

De momento hai 15 equipos no 3×3, 50 xogadores, 23 equipos no sénior masculino, 46 xogadores, e 11 no feminino, 22 xogadores.

A primeira proba disputouse en Boiro, a segunda en Porto do Son e esta é a terceira e última.

Para máis información poden visitar a páxina web www.circuitobarbanzavoleyplaya.blogspot.com.

Outros artigos

Máis de 30 persoas participan nas xornadas do Premio Emprende-Co Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal celebrou os días 1 e 9 de xuño dúas sesións informativas sobre o Premio Emprende-Co Pobra, unha iniciativa municipal de apoio ao emprendemento e á dinamización do comercio local impulsada pola área de Promoción Económica co respaldo da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...