O PBBI critica a emenda presentada polos socialistas á súa proposta sobre os cartos da dedicación parcial

02 Agosto 2019

20190802. Esta semana tivo lugar o primeiro pleno ordinario do mandato de Ribeira, no cal non foi aprobada, tal e como fora exposta, a proposta do PBBI relativa a destinar os cartos da dedicación parcial, á cal renunciou o partido, á oferta con carácter gratuíto ou bonificado das prazas nos aparcamentos subterráneos ás persoas que realizasen compras ou consumicións nos establecementos comerciais e hostaleiros de Ribeira. De feito, só saíu adiante coa emenda presentada polo PSdeG-PSOE.

Segundo manifestou Vicente Mariño de Bricio, “aínda que dita emenda fose aceptada, desde o PBBI entendemos que se trata dunha proposta que desvirtúa por completo a nosa iniciativa, que busca un obxectivo diferente.” Engade que a súa formación pretendía que a medida se aplicase de maneira inmediata, “mentres que a do puño e a rosa non fai máis que retrasar a entrada en vigor e aplicación deste tipo de incentivo dirixido aos veciños coa referida partida económica, xa que supón a elaboración dunha ordenanza e un plan de comercio que non son máis que trámites burocráticos que se dilatan no tempo e que van en contra dos intereses dos ribeirenses.”

Ademais, o PBBI expresa que os socialistas non exercen así a oposición, pois entenden que está favorecendo o traballo ao grupo de goberno. Tamén consideran que o PSdeG-PSOE está equivocado se pensa que coa dedicación parcial pasan a formar parte do goberno municipal.

Finalmente, afirman que esta dedicación parcial  “é un disfrace co que se oculta a compra de apoios do PSOE e BNG polo goberno que encabeza o señor Manuel Ruiz Rivas, tal e como sospeitamos desde o principio.” Deste xeito, pídenlle aos socialistas e nacionalistas que “recapaciten e pensen nos veciños en vez de encher os seus petos co diñeiro que lles da o alcalde, e que se dediquen a facer oposición ao goberno e non ao resto de grupos da oposición.”

Outros artigos

Ribeira marchará por quinta vez contra o cancro no 16 de maio

A cidadanía volverá camiñar por unha boa causa coa quinta edición da Andaina Solidaria “Ribeira en Marcha Contra o Cancro” que botará a andar no sábado, 16 de maio, por parte da xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en colaboración co Concello. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

“Dor e sufrimento” – José Manuel Pena

No colexio, na piscina, no ximnasio, nunha excursión polo campo ou dentro do propio núcleo familiar, que muller non sufriu algún acoso ou agresión de tipo sexual? Eran outros tempos, din algúns. A pesar de todo, actualmente, unha gran parte da sociedade segue mirando...

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.