Ribeira celebrou o primeiro pleno ordinario do mandato

30 Xullo 2019

20190730. O primeiro pleno ordinario do mandato de Ribeira celebrouse na tarde de onte prolongándose ata a medianoite, pois tivo unha duración de catro horas. Deste xeito, foron abordados 13 puntos.

Algúns dos temas que saíron adiante foron a revisión do contrato do servizo de recollida do lixo, o inicio dos trámites para a resolución de rescate do contrato de concesión do aparcamento subterráneo na zona denominada ‘Campo da Feira’, a prórroga dun ano no contrato asinado coa empresa que xestiona a gardería municipal, así como a revisión dos prezos. Tamén foi aprobado o inicio do expediente de licitación dos servizos de recollida, aloxamento, mantemento e xestión do centro de recollida de cans e gatos no termo municipal de Ribeira, ampliable ao territorio de concellos próximos previa subscrición de acordo.

Así mesmo, coa abstención de Suma Ribeira e o voto favorable do resto de grupos municipais, aprobouse a cesión á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia dun baixo na zona de Fontán, preto de onde se situará a nova comisaría, co obxectivo de albergar o punto de encontro familiar. Durante a súa intervención, o voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, lembrou que case tódolos anos se presentou unha moción a este respecto, tanto pola ex-concelleira socialista Encarna Romero coma pola que foi edil de IPdeR, Rosa García Pose, quen se atopaba presente entre o público con varios membros do seu partido no salón de plenos.

As outras propostas que saíron adiante sen necesidade de emenda foron a do BNG relativa a un plan de mantemento e seguridade de parques infantís e zonas verdes; a de Suma Ribeira sobre a dixitalización da información e expedientes do Concello; e a do PBBI de implantar actuacións que incrementen a actividade de descarga no peirao ribeirense e favorecer así o incremento do emprego de estibadores, grúas e transportistas.

Ademais, algunhas cuestións non foron aprobadas tal e como foran expostas, xa que presentáronse emendas ás dúas do PSdeG-PSOE sobre o proxecto de rotonda e adecuación de vía de servizo na vía CP-7305 coa entrada ao recinto portuario de Aguiño, así como a actuación da relación de postos de traballo (RTP) do Concello de Ribeira; á do PBBI sobre destinar os cartos da dedicación parcial, á cal renunciou o partido, á oferta con carácter gratuíto ou bonificado das prazas nos aparcamentos subterráneos ás persoas que realicen compras ou consumicións nos establecementos comerciais e hostaleiros de Ribeira, mentres que houbo empate no primeiro punto da correspondente con demandar a Portos de Galicia solución ás demandas presentadas polos traballadores da estiba e consignatarias.

Ademais, a sesión estivo caracterizada por varias pullas entre o alcalde popular, Manuel Ruiz, e o concelleiro do PBBI, Vicente Mariño de Bricio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.