O PBBI propón que o importe da súa dedicación se destine á bonificación de prazas nos aparcamentos subterráneos

16 Xullo 2019

20190716. O voceiro do grupo municipal do PBBI, Vicente Mariño de Bricio, anuncia que presentará ao pleno da corporación municipal de Ribeira unha moción ao respecto da dedicación parcial ofrecida á formación por parte do alcalde Manuel Ruiz. Estas foron propostas aos grupos da oposición e consistían nunha dedicación parcial do 75%, dotada de 25.207’53 euros brutos anuais.

O PBBI expresou en varias ocasión o seu rexeitamento, pero a aprobación destas saíu adiante no pleno de organización, polo que tiveron que facer oficial esa postura mediante a presentación dun escrito na Secretaría Xeral o pasado 10 de xullo, concretando que “ningún membro da nosa formación política acepta dita dedicación parcial.”

Desde o PBBI manifestan que “se o alcalde de Ribeira realizou esa proposta, iso responde a que as arcas municipais contan coa suficiente dotación económica para que se poda facer fronte, con carácter anual, ao pago desa importante cantidade de diñeiro sen que se resintan as contas municipais.”

Así mesmo, expresan que os cartos poderían dar cobertura a outras necesidades coma, por exemplo, contribuír a facilitar o estacionamento de vehículos nos aparcamentos subterráneos do casco urbano, “para que a primeira hora sexa gratuíta ou, no seu defecto, inclúa unha importante bonificación na tarifa que se vén aplicando.” O obxectivo sinalan que sería “apoiar ao sector empresarial da localidade, especialmente ao comercio e á hostalería, animando aos seus potenciais clientes a que acudan á cidade facilitándolles o aparcamento en zonas céntricas e próximas e eses negocios.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

“Manipula, que algo queda”. Antón Luaces

Agora que se fala na UE da "guerra híbrida" protagonizada por Rusia en contra de Alemaña, o que levou á propia Unión Europea a empregar ese calificativo para condenar a mistura de ciberataques, sabotaxes económicas, presións diplomáticas e campañas masivas de ...

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

“RiberCeuta”. Manuel Dominguez III

El día que durante 24 horas la ciudad pasó a llamarse Riberceuta. Al margen de la solidaridad, Ribeira tiene una relación especial con Ceuta. Una jovencita ceutí, enamorara de un soldado español, haciendo la mili en Ceuta, se enamoró de él y abandono físicamente Ceuta...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.