O Pazo-Torre de Goiáns recuperaría as súas reixas e escaleiras de ferro orixinais

13 Agosto 2019

20190813 Este mes de agosto o Pazo-Torre de Goiáns comezou o seu proceso para saír definitivamente da listaxe de bens seriamente ameazados que elabora na Rede a Asociación Hispania Nostra con toda a tristemente abondosa riqueza patrimonial en fase de esborrallamento e derrube. E fíxoo co comezo das obras para a súa restauración, unhas obras que arrincan, iso si, coa constatación de que non vai ser posíbel salvar boa parte da estrutura interna, xa que o mal estado do edificio, e a caída recente do tellado, obrigaron a baleiralo e, agora, comezar case dende cero no predio principal e máis na torre. Iso si, segundo nos lembran dende Historiadegalicia.gal, algúns elementos interiores si que se van poder recuperar, por exemplo as reixas e as escaleiras de ferro orixinais, que foron desmontadas e acubilladas hai xa un tempo nun almacén municipal, á espera das obras de recuperación que comezaron este mes.

Se os prazos se cumpren, as obras, que están a ser desenvolvidas pola UTE Proyecon Reboben González, poderían estar rematadas na súa totalidade en outubro de 2020. Os traballos poñen o foco na rehabilitación integral da vivenda e da torre, onde non se conservan nin os forxados nin, como dixemos, as teitumes.

A contía dos labores a realizar, que se estenderán a longo do vindeiro ano e medio, será de 990.850 euros. O proxecto inclúe o mantemento e conservación da feitura orixinal das escaleiras, os muros e a balaustrada.

O financiamento dos traballos foi posíbel grazas a un préstamo sen intereses solicitado polo Concello de Boiro ao Fondo de Cooperación do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), que deberá ser devolvido durante oito anualidades (131.000 euros ao ano).

Compromiso do actual equipo de Goberno

O novo Goberno local de José Ramón Romero García, Martiño, manifestou recentemente que apostará decididamente pola esperada rehabilitación e posta en valor da torre-pazo, pero cunha serie de novidades moi salientábeis. Para comezar, ten previsto un estudo para declarar tanto o edificio como á súa relevante contorna natural e paisaxística Ben de Interese Cultural (BIC).

En termos máis concretos, o novo alcalde comunicou a O Barbanza a intención do Concello de “manter a estrutura existente e dar tamén os primeiros pasos para devolver ao xardín o esplendor de antano”, ao que se sumaría unha nova liña de actividade que estaría directamente encamiñada a xerar oportunidades formativas para os colectivos locais: “Vemos moi interesante fomentar os obradoiros de emprego neste espazo”.

Entre as tarefas pendentes, recoñece Martiño, tamén figuraba a de “estudar a remodelación do equipo de Goberno anterior, xa que a modificación das paredes interiores e o tellado non foi acertada”.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...