O libro póstumo de Plácido Betanzos presentarase na súa Palmeira natal

16 Agosto 2019

20190816. Despois de que o salón de plenos do Concello de Ribeira acollese o pasado 9 de agosto a presentación do libro póstumo de Plácido Betanzos, Relatos e lembranzas, agora tócalle a quenda a Palmeira, o pobo natal do mestre, político e escritor. Así, a Sociedade Fillos de Palmeira será escenario deste acto o vindeiro martes, 20 de agosto, ás 21.00 horas. Unha data significativa para a posta de longo desta publicación, pois coincide co día do aniversario de Plácido.

Impresa pola Imprenta Provincial da Deputación da Coruña e editado pola Comisión Homenaxe a Plácido Betanzos García, esta obra reúne artigos seus, algúns deles inéditos e outros publicados en diversos medios de comunicación, así como textos sobre el realizados por outras persoas ou comentarios dos seu alumnado, entre outros.

No acto intervirán o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; Sofía Betanzos, filla de Plácido; a ex-vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín; e membros da comisión coma José Alberto Fernández, Manuela Gago, Pilar Sampedro e José Luis Torres.

Pilar Sampedro tamén se encargará de presentar e moderar esta cita, a cal incluirá un recital da poetisa Marta Pedrosa acompañada musicalmente de José Luis Olveira.

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...