O festival Entrebateas comeza a quentar motores

26 Agosto 2019

20190826. Os amantes do metal, hardcore, trash e rock teñen unha cita o venres 30 e sábado 31 na Pobra do Caramiñal da man de Entrebateas, que traerá diferentes concertos de grupos de renome.

Ao atardecer do venres 30, a actuación de Sabela King & The Heartbreakers a bordo dun catamarán percorrerá a ría de Arousa, onde tamén se ofrecerá unha degustación de comida e cata de Bodegas Lodeiros. Os tíckets pódense adquirir a un prezo de 30 euros no establecemento hostaleiro pobrense A Cova da Vella ou reservando online a través do enderezo electrónico silenciorotolive@gmail.com. Ao longo desta xornada tamén actuarán Grilo, Atomic Zeros, Toundra e Aphonnic.

O sábado 31 contará cos concertos de LDH (Los Del Humo), Strikeback, Koma e Escuela de Odio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...