O Concello de Boiro traballa para levar fibra de alta velocidade a 2.450 inmóbeis

22 Agosto 2019

20190822 O Concello de Boiro, co novo equipo de Goberno de José Ramón Romero á fronte, vén de achegar máis información sobre a súa estratexia para impulsar o ámbito tecnolóxico-dixital no municipio, unha estratexia que se está a materializar en máis banda larga e máis posibilidades de acceder á Rede de alta velocidade para a veciñanza das parroquias, máis transparencia e participación e máis información e comunicación local nas redes sociais. As medidas, que xa avanzamos os días pasados, comezaron a aplicarse. Por exemplo cos traballos que arrincaron en diversos puntos do termo municipal para a instalación de fibra de alta velocidade e que dotarán deste servizo a uns 2.540 inmóbeis.

Trátase de vivendas e empresas de diversos núcleos rurais de Boiro repartidos en Abanqueiro, Comoxo, Bandalrío, Cariño, Quintáns, Saltiño, Beluso, Brión, Coroño, Runs, Aldea de Arriba, Cesar, Sandrenzo, Graso, A Igrexa, San Martiño, Triñáns, A Ponte Beluso, O Seán, Ferreiros, Nine, Vilariño, Escarabotiño, Magdalena, Peralto e Moimenta.

Respecto da nova estratexia de comunicación municipal, o Goberno boirense engadiu que están xa postas en funcionamento as redes sociais oficiais do Concello, Facebook, Twitter e Instagram, coas que se pretende “informar á cidadanía de toda a actualidade, a vida cultural, deportiva, social, etc. do municipio”. O Executivo local engadiu que as redes están a “ter moi boa acollida” e unha ampla marxe de uso como “vía de comunicación directa entre o Goberno e a veciñanza”.

En canto aos cambios previstos na web, www.boiro.gal, ademais do portal de incidencias e o de transparencia, están previstas modificacións no relativo á axenda e actividades, de xeito que a web sexa máis intuitiva e a información sexa máis sinxela de atopar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...