O Concello da Pobra desenvolve este martes 13 a campaña Praias limpas de cabichas

13 Agosto 2019
Tobacco cigarette butt on the beach sand.

Hoxe martes desenvolverase na praia da Lombiña e nos areais lindeiros a actividade de concienciación contra os restos de tabaco nos areais programada inicialmente para o pasado 11 de agosto e que, por mor do aviso de mal tempo, adiouse na espera dun parte meteorolóxico menos adverso. A actividade Praias limpas de cabichas, desenvolvida polo Concello da Pobra, consistirá nunha campaña de sensibilización sobre a importancia de non guindar os filtros do tabaco nas praias, depositándoas nos acubillos axeitados.

A acción levarase a cabo a pé de praia, hoxe pola tarde (entre as 17.00 e as 20.00 horas), nas contornas da Lombiña, da Illa e máis da Corna. Repartiranse de maneira gratuíta cinceiros portátiles para evitar o depósito dos refugallos do tabaco nos areais, uns residuos contaminantes que tardan unha chea de anos en degradarse e que presentan, na súa descomposición, importantes riscos para o medio e para a nosa saúde. De feito, sábese que persiste no tempo en micropartículas logo de descompoñerse e que cada filtro do tabaco pode contaminar entre 8 e 10 litros de auga de mar e até 50 litros se se trata de auga doce.

O Concello lembra que no caso de non estarmos nas praias na tarde do domingo, tamén podemos acudir á Casa Mariñeira ou á Oficia de Medio Ambiente do Concello para solicitar o noso cinceiro portátil.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.