O buque de salvamento SAR Gavia participará na procesión marítima de Ribeira e ofrecerá visitas guiadas

02 Agosto 2019

20190802. Ante a celebración no día de mañá da tradicional procesión marítima na honra da Virxe do Carme con Misa, ás 18.30 horas, na nova lonxa cantada pola Coral do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira e posterior embarque das imaxes da patroa e de San Pedro no Boteira Primero, vai recalar no peirao de Santa Uxía o buque de salvamento SAR Gavia para participar na comitiva acuática.

Con tal motivo, en horario de mañá vanse celebrar visitas guiadas de balde para que tódolos que o desexen poidan coñecer as interioridades deste remolcador de 39’7 metros de eslora. Terán lugar de 09.30 a 13.30 horas e por razóns de seguridade, pois o buque estará atracado no peirao comercial, para poder acceder hai que tomar un microbús que estará emprazado diante da barreira.

Por outra parte, a plataforma flotante para o lanzamento dos fogos artificiais do domingo de festas cambia de sitio. En lugar de estar situada á altura da nova lonxa, estará fronte á casa do mar, obedecendo a razóns de seguridade. Deste xeito, os emprazamentos máis acaídos para a súa contemplación estará conformado polo entorno do miradoiro do Malecón, paseo do Touro, praza Pedra Pateira e acceso ao peirao comercial.

Ademais, o inicio do espectáculo pirotécnico adíase quince minutos sobre a hora inicialmente prevista, será ás 00.15 horas, para que os asistentes ao concerto previo de Miradoiro na praza de España poidan dispoñer de tempo para desprazarse unha vez conclúa a actuación.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carmen Uz” – Xulio Xiz

“Carmen Uz” – Xulio Xiz

As veces que temos falado, Carmen, causáchesme unha excelente impresión pola seriedade, profesionalidade e rigor. E xa que agora deixas o periodismo activo e pasas á Deputación a levar temas de comunicación, quero felicitarte – dicía Curros: Cando vi vas para lonxe e...

“PISA, el fracaso de todos” – José Castro López

“PISA, el fracaso de todos” – José Castro López

Buscar un único culpable de los malos resultados del informe PISA sería tan inútil como injusto. La responsabilidad es transversal: alcanza a los sucesivos gobiernos, a quienes diseñan los planes educativos, a los docentes, a las familias y a una sociedad que no...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.