O boirense Martín Romero Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña

11 Agosto 2019

20190807.- A edición deste ano do Premio Castelao de Banda Deseñada ten unha importante novidade xa que, por vez primeira se concede a modalidade para público infantil e xuvenil, creada hai tres edicións pero deserto nas anteriores convocatorias. Desta volta, o xurado decidiu outorgar o premio á obra “Uxío” de Martín Romero (Boiro, 1981) da que destaca as “posibilidades narrativas do medio, dun xeito diverso e interesante”. Tamén fai referencia ao “uso humorístico, divertido, adaptado á idade, cunha filosofía sobre a vida e a cotidaniedade dun xeito lixeiro e poético”. Ademais, sinalan que a obra ten un transfundo reflexivo moi interesante para o público infantil e xuvenil” .

Martín Romero é ilustrador, autor de cómics e director de animación, disciplinas que combina para desenvolver os máis diversos proxectos.

Como ilustrador realiza traballos que van desde o ámbito publicitario até o editorial. Os seus cómics “Las fabulosas crónicas del ratón taciturno” (2011), Episodios Lunares (2015) e “La deuda” (2017).  Martín Romero acaba de dirixir a súa primeira curtametraxe de animación titulada “La noche”.

O deputado da área de Cultura, Xurxo Couto, destacou a altísima calidade das obras presentadas e, en concreto das gañadoras, con autores “de xa moito recoñecemento nun sector que ten na nosa cultura un amplo xa conxunto de nomes de moitíisma relevancia nos que se atopan Aberte Vázquez e Martín Romero”. O coruñés Alberto Vázquez con “A Caza” na categoría xeral e Martín Romero con “Uxío” na infantil e xuvenil son os gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. A convocatoria chega así a súa décimo cuarta edición e, por vez primeira, concede o premio na modalidade de infantil e xuvenil.

2019 Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña

Outros artigos

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

“Los tornillos de la nave Orión”. Mario Clavell

Con el corazón en puño seguimos durante diez días la operación Ártemis II. Cuatro adultos pasaron diez días volando a cuarenta mil kilómetros por hora metidos en un cuartucho de seis metros de diámetro; y no se pelearon durante el viaje. Para que eso fuera posible...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.