O BNG ribeirense valora o pleno extraordinario no que respecta á EDAR

24 Agosto 2019

20190823. O pleno extraordinario celebrado hoxe sacou adiante diversas propostas para a poboación ribeirense. Unha das máis destacables era a xestión da Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR). Os nacionalistas presentaran unha emenda que se aprobou cos únicos votos en contra do PBBI, “para salvagardar os intereses da veciñanza.” Neste punto, o BNG manifestou que se congratula “de ter sacado adiante unha proposta moi positiva para a veciñanza e que salvagarda os seus intereses mellorando as garantías que se deben tomar antes de recepcionar unha instalación que xera e xerou tantos problemas ambientais e sociais.”

Durante a súa intervención, o concelleiro nacionalista, Luís Pérez Barral, fixo unha análise que “explica as causas dos problemas que tivo a EDAR e achegou unha solución que é moi beneficiosa desde o punto de vista económico como social.” A proposta do BNG pasa por facer unha auditoría externa de toda a infraestrutura de depuración, alén da que faga a Xunta e a empresa, antes de que o Concello de Ribeira reciba a obra.

Ademais, para garantir unha correcta xestión, o BNG sinala a “aposta por constituír unha empresa pública que pase a xestionar a EDAR e a partir de 2024 tamén colla o servizo de abastecemento e saneamento de augas.” Tal e como apuntan os nacionalistas, os beneficios desta empresa volverían ás arcas municipais “podendo reinvestilo na rede ou en necesidades da poboación.”

Así mesmo, o BNG quixo trasladar publicamente que “seguiremos vixiantes nesta cuestión e que non toleraremos a recepción da instalación sen as garantías suficientes que conclúan que a obra está realizada correctamente e o seu funcionamento non provoca ningún problema.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.