O BNG pobrense conmemora o Día da Galiza Mártir honrando aos presos da fábrica do Pozo

16 Agosto 2019

20190816. O BNG da Pobra do Caramiñal conmemorará o Día da Galiza Mártir cunha dupla actividade. Así, o domingo 18, ás 12.00 horas, procederase a unha ofrenda floral na confluencia das rúas Alexandre Bóveda e San Roque. Posteriormente, desprazarase ata a zona do Pozo, nos arredores da fábrica de conservas, para honrar a memoria dos represaliados polo franquismo que sufriron prisión no campo de concentración mantido naquelas instalacións durante, cando menos, todo o ano 1939.

No esteiro dos ríos Pedras e Lérez, fronte ás ruínas da central de enerxía eléctrica que representa o pasado industrial do municipio, “o franquismo erixiu un monumento á barbarie, ao terror, á morte, un campo de concentración que mantivo encerradas a unhas  1.000 persoas de xeito estábel, incluso cando a guerra xa rematara”, tal e como manifestaron os nacionalistas.

Así mesmo, engadiron que “en condicións non aptas nin para as bestas, a carrexe franquista tratou de crebar as vidas e as conciencias de centos de persoas cuxo único delito era crer na democracia e na igualdade.”

Desta maneira, con estes actos pretenden manter viva a lembranza “dos sacrificados, dos que perderon a guerra.”

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.