Nun día vendidos a metade dos bonos para a “Mostra de Teatro de Riveira”

06 Agosto 2019

20190806.- Máis da metade do aforo do Auditorio ribeirense xa está ocupado para a Mostra de Teatro. O éxito amosa o alto interese da veciñanza en acudir a esta programación de arte dramática. Nestes momentos xa foron reservadas 137 cadeiras do total de 270 de que consta a instalación municipal. Cómpre lembrar que cada bono ten un custe de 25€ e dá dereito a reservar unha butaca para as once representacións de que consta a mostra. O prazo para a compra de bonos remata o 6 de setembro e os interesados poden adquirir as suas entradas mediante tarxeta bancaria na Oficina da Atención Cidadá situada no andar baixo do Consistorio.

Programación da mostra: o 27 de setembro.- Sarabela Teatro: “Normas para saber vivirna sociedade actual”. o 4 de outubro.- Redrum Producións: “Idiota”.o 11 de outubro.- Malasombra: “Bernarda”.o 18 de outubro.- Ibuprofeno Teatro: “Casa O’ Rei”.o 25 de outubro.- Dinamo Producións: “Eu queríame casare”.o 1 de novembro.- Redrum Producións: “Invisibles”.o 8 de novembro.- Producións Teatrais Talía: “Vida de cans”.o 15 de novembro.- Contraproducións: “A compañeira de piso”.o 22 de novembro.- Producións Excéntricas: “Carpe diem”.o 29 de novembro.- A Panadaría: “Elisa e Marcela”.o 5 de decembro.- De Ste Xeito: “Running”. Todas as funcións comezan ás 21.30 horas.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.