Medio Ambiente promove en Sálvora o primeiro hotel de insectos do Parque Nacional

06 Agosto 2019

20190806. O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia xa conta co seu primeiro hotel de insectos. Esta iniciativa de sensibilización ambiental pretende facilitar un habitáculo e lugar de cría e hibernación para este tipo de organismos. O hotel foi inaugurado oficialmente esta mañá en Sálvora pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, acompañada do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz.

Ángeles Vázquez manifestou que a intención é estender este proxecto ao resto do parque, de tal forma que cada arquipélago poida contar a medio prazo cunha instalación deste tipo.

A iniciativa, como explicou a responsable autonómica de Medio Ambiente, foi promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas en colaboración coa asociación Amicos, que foi a encargada de construír catro hoteis de insectos. En canto ás estruturas, están feitas a partir de materiais naturais propios da illa -coma piñas ou restos de madeira-, ladrillos perforados, así como refugallos e anacos de antigas tellas que os voluntarios de Amicos reciclaron para darlles unha nova utilidade.

A instalación deste tipo de hotel servirá para darlle acubillo aos insectos presentes en Sálvora coma as abellas silvestres, as avespas escavadoras, as tixeretas e outros insectos raros e vulnerables propios desta illa, que terán deste xeito un lugar adaptado para preservar a súa existencia e a dos seus ecosistemas.

Pero ademais estes habitáculos tamén cumprirán un importante labor de educación ambiental, xa que como expuxo a conselleira, axudarán a divulgar e dar a coñecer a importancia que teñen este tipo de organismos para garantir a conservación da biodiversidade do parque nacional, como pezas claves e esenciais á hora de manter o equilibrio ecolóxico deste espazo.

Para poder acadar este dobre obxectivo, Ángeles Vázquez explicou que estas construcións se localizarán en puntos soleados e protexidos da illa, buscando a calor necesaria para as crías dos insectos pero tamén resgardadas do vento e da chuvia; que estean preto de áreas con plantas silvestres e arbustos para garantirlles un fácil acceso a alimentos; e con boas condicións para favorecer a súa nidificación.

A conselleira tamén aproveitou a presentación do primeiro hotel de insectos do Parque Nacional para facer un percorrido por Sálvora e coñecer o resultado dos 150.000 euros mobilizados recentemente polo seu departamento en distintos investimentos nesta illa. Concretamente, referiuse á reparación e mantemento de dous hórreos, á restauración da fonte de Santa Catalina ou aos traballos para a eliminación de especies invasoras e desbroce de camiños que está a realizar Amicos.

Neste sentido, lembrou que o Parque Nacional e a citada entidade social levan colaborando en diferentes iniciativas relacionadas con este espazo natural desde hai máis dunha década, sempre co denominador común da conservación do patrimonio natural e cultural das illas. Un traballo que a conselleira puxo en valor e co que espera poder contar nos próximos anos.

Por outra banda, a titular de Medio Ambiente aproveitou a visita para referirse á aprobación a semana pasada no Parlamento da Lei de Patrimonio Natural de Galicia, un texto que substituirá a unha norma con 18 anos de vixencia e que previsiblemente entrará en vigor a finais deste verán. Así, Vázquez Mejuto lembrou que entre os obxectivos prioritarios desta normativa figura a aposta pola educación e a sensibilización ambiental.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...