Manuel Velo afirma que a súa formación advertira das presuntas irregularidades do xefe da Policía Local de Boiro no 2016

09 Agosto 2019

20190809. Manuel Velo, voceiro de IC Boiro, manifestou que anos atrás o seu grupo presentara unha moción sobre as presuntas irregularidades que se viñan cometendo por parte do xefe da Policía Local, Manuel Feás, pero que “Dieste archivou sen levar a pleno como era a súa obligación.”

Na moción, con entrada no Rexistro Xeral do Concello de Boiro o 22 de febreiro de 2016, a formación manifestaba que existía “un clamor popular que certos policías locais, non só denuncian a troche e moche, por moi pouca que sexa a infracción cometida por estar o chofer ao lado do vehículo, ofrecéndose a sacalo para non ser denunciado.” No escrito tamén expresaba que se o condutor trataba de convencer ao axente ou se ofrecía a sacar o turismo, consideraban que era un desacato á autoridade, “por iso os policías de Boiro son os que máis denuncias acumulan nos xulgados de Ribeira, por desacato á autoridade. Perseguen a persoas por nimiedades, pero as denuncias postas a moita xente que mal chega a fin de mes representa un grave perxuicio.” Deste xeito, o partido político entendía que se estaba creando un “inxusto poder ao marxe do goberno local, que perdeu o control da Policía Local de Boiro.” Incluso indicaba que moita xente deixara de ir comprar ao municipio por mor desta situación, afectando ao comercio local. Así mesmo, acusaba de despotismo a algúns policías cando “a Policía Local é para axudar e dar seguridade á xente, non para comportarse como cowboys, xa que estamos no siglo 21. A Policía Local ten como misión protexer ás persoas, patrimonio público e privado, tal e como establece a Lei de Réxime Local.”

Por todo o exposto, requiría o debate e aclaración do comportamento de varios axentes, entre eles Manuel Feás; a formación dunha comisión onde estivese un representante de cada partido para investigar “si é verdade que na policía se sacan denuncias por tráfico de influencias, podendo comprobar por estar os talonarios numerados correlativamente”; que se acompañasen tódalas alegacións feitas pola cidadanía e os contenciosos nos xulgados “dos catro últimos anos”; e a realización dun inventario de tódolos materiais empregados e as facturas pagadas polo Concello.

Finalmente, Manuel Velo apuntaba que posuía documentación que acreditaba parte dos feitos citados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...