Manuel Ruiz solicita unha rectificación de Abel Caballero respecto da candidatura Cíes-Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade

14 Agosto 2019

20190814. Con motivo das últimas opinións expresadas polo rexedor de Vigo, Abel Caballero, en relación á candidatura Cíes-Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, no nome do Goberno do Concello ribeirense, quere reiterar a súa postura para que a Xunta de Galicia se manteña na intención de solicitar esta declaración para todas as illas que integran o Parque Nacional.

Así, expresa que “lamentamos a insolidariedade do alcalde de Vigo posto que, sen cuestionar a singularidade propia das illas Cíes -singularidade que motiva de feito que o seu topónimo figure de forma expresa no título da candidatura-, entendemos que o resto de illas e arquipélagos do Parque posúen tamén uns valores propios que xustifican por si mesmos a súa inclusión.” Neste senso, considera que a potencialidade e valor global que reúne a candidatura conxunta das Illas Atlánticas “é moi superior a unha candidatura única das Cíes, e valores medioambientais como os que acredita Sálvora non atopan parangón no resto do Parque Nacional.”

Por esta razón, Ruiz Rivas solicita do alcalde de Vigo unha rectificación e que non inclúa “nas súas pelexas coa Xunta posturas ilóxicas e irrespectuosas con outros Concellos como as que está mantendo.”

Estas declaracións veñen dadas despois de que Abel Caballero se amosase crítico coa candidatura presentada polo Goberno autonómico, expresando tamén o seu apoio á veciñanza de Ons, que colocou pancartas co lema ‘Patrimonio Humanidad: NO; Derechos Isleños: Sí’, sen descartar manter unha reunión.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.