Magín Blanco e a Banda das Apertan recalarán na Pobra

07 Agosto 2019

20190807. O pobrense Cantón da Leña acollerá mañá, ás 20.30 horas, o espectáculo de Magín Blanco e a Banda das Apertas. Nesta ocasión o creador de A nena e o grilo, Magín Blanco (voz, guitarra), estará acompañado polos músicos María Faltri (voz, percusión), Jorge Juncal (piano, acordeón) e Jerry Noia (guitarras, baixo) ao que se acaba de sumar Jesús Lorenzo (batería).

Xuntos irán repasando as aventuras de A nena e o grilo, descubrindo así os seus segredos a través de cancións. As aventuras inciden directamente en temáticas esbozadas nas entregas de Magín Blanco ao público infantil, tanto na publicada no 2010 de A nena e o grilo no país das apertas coma na do 2012 de A nena e o grilo nun barquiño, asícomo do recentemente estreado Gatuxo, pasando tamén por outras publicacións coma María Fumaça, Rosalía pequeniña e temas de nova creación.

As músicas irán viaxando polas singulares aventuras nas que se achegarán ao mundo desde a perspectiva mesma dos nenos: sinxela e xenerosa. Cun formato de concerto musical, as letras das cancións e as súas introducións  marcarán o ritmo desta proposta.

A entrada é de balde e a cita está organizada pola Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña. Se vai mal tempo, o espectáculo trasládase ao Teatro Elma.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...