Galicia súmase á iniciativa ‘Respira a vida’

27 Agosto 2019

20190827. A Xunta de Galicia acaba de sumarse ao movemento global ‘Respira a vida’ ou ‘Breathelife’ que busca reducir a contaminación do aire a través do intercambio de experiencias e información entre os seus integrantes. Galicia convértese así na terceira comunidade española -só por detrás de País Vasco e Cataluña- en adherirse a esta iniciativa, liderada pola Coalición de Clima e Aire Limpo, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (ONU Medio Ambiente).

Nestes momentos, a rede ‘Respira a vida’ está integrada por 63 cidades, rexións, países e organismos con competencias en materia de mellora da calidade do aire de todo o mundo. No caso da Unión Europea, conta con representación de nove estados membros, entre os que figura España.

O obxectivo desta rede de carácter internacional é unir forzas e intercambiar accións e información para loitar contra a contaminación do aire de maneira global, recoñecendo que se trata dun risco importante para a saúde e o medio ambiente en todo o mundo. De feito, a divulgación e a sensibilización da sociedade ante este problema é un dos retos comúns que subscriben todos os organismos unha vez que asinan o formulario de adhesión.

Ao mesmo tempo, tamén pretende servir de plataforma para contribuír a visualizar o traballo que desenvolven nesta materia tódolos seus membros e dar pé ao intercambio de proxectos, iniciativas e información.

En canto aos compromisos específicos que asume Galicia ao integrarse na rede, cómpre subliñar o de sensibilizar ás entidades locais para que tomen medidas individuais; concienciar á poboación sobre que xestos se poden levar a cabo día a día para gozar dun aire máis limpo; impulsar a adhesión dos concellos galegos a ‘Respira a vida’ a través da Oficina galega do Pacto dos Alcaldes; promover accións en distintos sectores da sociedade que axuden a mellorar a calidade do aire; ou implantar na comunidade a Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050 e a de Economía Circular para camiñar cara a neutralidade climática e promover un cambio no sistema económico que reduza as emisións.

Con esta adhesión á iniciativa ‘Respira a vida’, o Goberno galego aspira a mellorar e complementar o traballo que desenvolve actualmente a través da Rede de Calidade del Aire de Galicia, que realiza un importante esforzo na mellora continua da transparencia dos datos, así como na comunicación dos mesmos a través de diferentes vías coa finalidade de garantir o acceso á información.

Nestes momentos a rede está composta por 48 estacións de medición fixas -14 de titularidade pública e 32 de redes privadas que están situadas na contorna de actividades industriais-, que transmiten datos en tempo real á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, dependente da Consellería de Medio Ambiente.

Antes de final de ano está prevista unha mellora na páxina web que incluirá o cambio do Índice de Calidade do Aire polo europeo, mostrará ao público en tempo real os datos das estacións industriais, e incorporará melloras do modelo de predición da calidade do aire.

En canto ao seguimento dos datos, un dos medios a través dos cales se difunde a información ao público son os paneis informativos situados nas estacións de calidade do aire xestionadas pola Xunta de Galicia. Nos dous últimos anos ampliouse e mellorouse este proxecto, coa adquisición, instalación e posta en marcha de 21 pantallas dixitais co fin de mellorar a información á poboación no eido da calidade do aire e a meteoroloxía, así como para facer públicos outros temas de interese e seguridade para a cidadanía, como avisos ante fenómenos meteorolóxicos extremos ou posibles eventos de mala calidade do aire. Este proxecto estará totalmente implantado antes de final de ano.

Ademais da Rede de Calidade do Aire de Galicia, a Xunta tamén se apoia en MeteoGalicia e no Laboratorio de Medio Ambiente para, por unha parte, modelar a calidade do aire e pola outra, obter resultados analíticos de contaminantes non maioritarios en aire ambiente. A modelización é unha das ferramentas que se poden empregar para avaliar e predicir a calidade do aire cunha antelación de 48 horas. Isto permite advertir á poboación ante posibles episodios que empeoren o seu estado, coma os que se producen debido ao ozono e ás intrusións de po sahariano.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.