Ferida leve unha muller nun atropelo na Pobra do Caramiñal

02 Agosto 2019

20190802. Ao redor das 12.00 horas, a estrada AC-305 no pobrense termo de Xunqueiras foi escenario dun atropelo. Segundo manifestaron fontes policiais, unha muller maior cruzou diante da súa casa por unha zona non sinalizada con paso de peóns, véndose sorprendido o condutor dun vehículo que circulaba nese momento. A muller resultou ferida leve e foi evacuada ao Hospital da Barbanza nunha ambulancia do 061. Pola súa parte, o condutor resultou ileso, sufrindo só danos materiais o capó do turismo.

Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e da Garda Civil de Boiro, así como unha patrulla de Tráfico.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.