Este domingo terá lugar unha nova edición do Trail Subida Pico Muralla

07 Agosto 2019

20190807. A Casa do Concello de Rianxo acolleu esta tarde a presentación da cuarta edición do Trail Subida Pico Muralla que se celebrará o domingo 11. Esta cita deportiva tomará como saída a praza Virxe da Guadalupe e finalizará no pico máis alto mo municipio, no Pico Muralla. Así, o percorrido é de 15 quilómetros cun desnivel acumulado de 670 metros. Ademais do trail, os participantes poden optar pola andaina, que terá un itinerario similar. As saídas están previstas para as 10.30 e 08.30 horas, respectivamente.

No acto estiveron presentes a primeira tenente de alcalde de Rianxo, María del Carmen Figueira; o concelleiro de Deportes, Xusto Ordóñez; o presidente de Barbantia Roda, Manuel Gómez; e as atletas María Jesús Rey, Alejandra Gómez e Lía Gómez.

O edil Xusto Ordóñez expresou o seu agradecemento a Barbantia Roda e indicou que este evento consta “dun esforzo e resistencia para os atletas que ano tras ano repiten a súa participación por dura que sexa a proba.” Tamén sinalou que unha das recompensas desta cita é a panorámica que ofrece a meta, así como os trofeos que se entregarán unha vez finalizada.

A primeira tenente de alcalde María del Carmen animou á xente a participar, agardando “responder a todas as expectativas e a todo o que sexa necesario para que esta proba se desenvolve da mellor maneira posible.”

Pola súa parte, o presidente de Barbantia Roda, Manuel Gómez, sinalou que para que este tipo de eventos deportivos se desenvolvan é preciso o factor humano, pero tamén o económico, neste caso, por parte do Concello. No que respecta á proba, manifestou que os primeiros 10 quilómetros transcorrerán á beira do río Te, sendo o traxecto máis suave, pero que os 5 últimos quilómetros son máis duros, especialmente os derradeiros 2 quilómetros “porque é onde máis sufre ese desnivel onde acadamos os 670 metros de altitude.” O avituallamento establecerase no quilómetro 10. Así mesmo, apuntou que nos últimos dous días notaron o incremento de persoas anotadas con ao redor de 110 inscritos tanto na andaina coma no trail.

Unha vez finalizada a proba, os participantes disporán de servizo de autobús que os achegará novamente a Rianxo, onde se procederá á entrega de trofeos por categorías aos corredores.

Existe un límite de 250 prazas para cada unha das modalidades, mais ninguén quedará sen participar, tal e como precisaron desde a organización. Os interesados dispoñen ata as 23.59 horas de mañá para inscribirse a través da páxina web www.emesports.es. Do mesmo xeito, poden solicitar información na oficina de Deportes de Rianxo ou mediante o enderezo electrónico barbantia.eventos@gmail.com. O prezo para andaina é de 3 euros e para o trail de 6 euros.

Outros artigos

O Araño acolle o 13 de marzo un obradoiro de primeiros auxilios

O Centro Cultural da Capela (A Araño) acolle o vindeiro venres 13 de marzo un obradoiro gratuíto sobre primeiros auxilios. Trátase dunha actividade formativa dirixida a toda a cidadanía en xeral e voluntarios de atención sociosanitaria. O obxectivo do obradoiro é...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.