Diversión e concienciación nos Sanjuerguines pobrenses

16 Agosto 2019

20190816. Mañá na Pobra do Caramiñal celebraranse os Sanjuerguines grazas ao labor da organización conformada por rapazas e rapaces do municipio. Así, os pasabares comezarán ás 11.30 horas e a festa da auga terá lugar ás 16.30 horas. As Olimpíadas Pincheiras serán a partir das 18.00 horas, constando actualmente de catro xogos. O primeiro é ‘o xigante mareado’ que consiste nunha carreira de relevos por parellas, onde dúas persoas, unha colocada enriba da outra, deberán transvasar a auga entre dous recipientes. A dificultade da proba reside en que antes de chegar ao recipiente receptor, a parella deberá dar unha volta sobre si mesma. O gañador será o primeiro equipo que consiga encher o envase de destino.

En segundo lugar, ‘o pincheiro máis letal’ é de carácter individual, intentando derrubar ao adversario sobre unha plataforma na auga. O único medio para logralo é coa axuda dun pau provisto de polietileno nos estremos, polo que a utilización de calquera outra práctica supón a descualificación do participante.

Seguidamente, a proba ‘in your face’ tamén é un relevo por parellas e trátase de transportar unha serie de globos de auga entre dous recipientes, gañando o equipo con máis cantidade nun tempo determinado. A única norma é que para desprazar os globos só se pode empregar a cara.

O ‘curling sanjuerguín’ é o último xogo do día e consiste en deslizarse por unha superficie esvaradía coa única axuda dun inchable, sendo o campión aquel que logre quedar o máis preto posible dun punto marcado ao longo da área.

Este ano están inscritas ao redor de 1.200 persoas que forman unhas 30 peñas. A súa composición é moi heteroxénea, algunhas chegan a 130 integrantes e outras son de apenas 10. Ademais, haberá desde rapazada ata familias con nenos, polo que a organización procura que a festa estea orientada a tódolos públicos, a pesar de que por razóns de seguridade os xogos sexan para maiores de 16 anos.

Por outra banda, desde a organización estase levando a cabo unha iniciativa de lixo 0, a cal consta de tres estratexias: redución ao mínimo na xeración de residuos a través da substitución de envases individuais na barra emprazada por outros recipientes de maior volume que permita máis usos e introdución da #marmita, vaso reutilizable que se disporá na barra; programa de concienciación mediante as redes sociais dos Sanjuerguines; e instalación coa colaboración do Concello de máis contedores na zona do festexo.

Así mesmo, este ano contarán cun programa de concienciación e protección contra a violencia de xénero baixo a campaña #Agresionoff, co obxectivo de que a celebración sexa un espazo libre de violencia de xénero, así como a habilitación dunha marquesiña como punto lila. Deste xeito, unha rede de voluntarias serán as encargadas de identificar e denunciar calquera tipo de violencia. Desde a organización indican que se puxeron en contacto un total de 60 rapazas dispostas a participar.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.