Cristina Pichel achegouse ata o campamento de Espiñeira e o Parque Natural de Corrubedo

22 Agosto 2019

20190822. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, achegouse hoxe a dúas localidades da comarca do Barbanza nas que se desenvolven actividades enmarcadas na Campaña de Verán 2019 da Xunta de Galicia. Primeiro estivo en Boiro, onde visitou os 100 cativos que están a desfrutar das actividades do campamento xuvenil Espiñeira e, máis tarde, achegouse a Ribeira para coñecer os labores medioambientais que están a levar a cabo 20 mozas e mozos no Parque Natural de Corrubedo.

Na visita ao campamento de Boiro, Cristina Pichel, destacou a importancia de que as nenas e nenos se divirtan participando en actividades coma a danza e o teatro, posto que, segundo considera, é o mellor xeito de achegar a cultura aos máis cativos. Tamén resaltou a trascendencia de que practiquen deportes e xogos de aventura na natureza, o que é beneficioso para a súa saúde e tamén lles permite facer amizade aprendendo a traballar en equipo. Asegurou que os campamentos coma o de Espiñeira, que ofertou 400 prazas repartidas en catro quendas, permiten desfrutar aos cativos dunhas merecidas vacacións e tamén facilitan a conciliación das familias.

Máis tarde, no Parque Natural de Corrubedo, puxo en valor o traballo e esforzo das 20 persoas voluntarias que colaboran realizando labores de mantemento dos espazos naturais, reconstruíndo e consolidando sendeiros, eliminando especies alóctonas e informando e concienciando aos visitantes na necesidade de protexer o medio. Estas mozas e mozos tamén desfrutan de actividades de deportivas, culturais e de ocio, entre as que se pode destacar a navegación pola ría de Arousa e visita á illa de Sálvora.

A programación estival da Xunta de Galicia achega á mocidade 10.000 prazas, distribuídas entre campos de voluntariado, programas de intercambios con outras comunidades autónomas, actividades concertadas e actividades para maiores de 18 anos. Nestas accións participan mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. Todos os campamentos están abertos a persoas con discapacidade e, ademais, este colectivo ten unha convocatoria específica para persoas de entre 11 e 40 anos. Así mesmo, hai 100 prazas reservadas para menores de idade que están baixo o sistema de protección da Xunta e outras 52 para fillas e fillos de mulleres vítimas de violencia de xénero.

Este verán incorpora tres novos campamentos dos 21 que ofrece e tamén se incrementa o número de campos de voluntariado ata os 30 e con cinco propostas novas entre os que se atopa o de protección e recuperación das dunas de Corrubedo, en Ribeira.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.