Corrubedo festexa cunha nova carreira popular os seus once séculos de vida

05 Agosto 2019
Competidores nunha das anteriores edicións da carreira / Imaxe propiedade do Bar Pequeno e publicada en barpequeno.com

20190805 Once séculos de historia son moito tempo e cando unha localidade consegue chegar ao fito de atesourar tal cantidade de relatos e acontecementos, cómpre celebralo ao grande. Nestas anda Corrubedo (Ribeira), que logo das importantes e abraiantes contribucións fotográficas das veciñas e veciños ao blog corrubedo11siglos.org (e ao proxecto municipal O Labor en Silencio) e das charlas históricas das que dimos conta dende O Barbanza, prepara para os días vindeiros un gran xantar colectivo (o 25 de agosto) e máis a nova edición da súa Carreira Popular. Esta última non será unha competición calquera: será a carreira de celebración dos máis de 1.100 anos de historia da localidade. Un aniversario que, de certo, non seu cumpre todos os días.

O acontecemento deportivo, que vén da man da Asociación Corrubedo XI Séculos coa colaboración da ACDC O Cabo e do Concello de Ribeira, ten o engadido extra de constituírse nun percorrido por unha das contornas marítimo-terrestres de meirande beleza da xeografía galega: 11,3 quilómetros de trazado pola península de Corrubedo e abeirando a vertente máis salvaxe, as praias e os cantís, e tamén a contorna do faro e máis a vila.

Coincidirá no tempo (o 15 agosto) coa celebración da patroa, Santa María. As inscricións están abertas até o día 13, tal e como lembran os carteis que xa están repartidos por todo o concello de Ribeira, e pódense formalizar a través da páxina Galitiming. A carreira está aberta á participación de corredores de dezaseis anos en adiante, distribuídos nas categorías de xuvenil, elite e veteranos (A, B e C). Para as e os deportistas de idades comprendidas habilitarase un itinerario de 1.500 metros, de 1.000 metros para as nenas e nenos de 9 a 11 anos, de 200 metros para os de 6 a 8 anos, e de 100 metros para os de 0 a 5 anos.

A proba ten o seu punto de partida no porto, ás 10.00 da mañá.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

“As vilas invisibles”. Xosé Antonio López Silva

Non me refiro, claro está, ás vilas do homónimo título de Ítalo Calvino. En Galicia, porén, temos vilas invisibles: as do territorio do mito, como a Antioquía da Limia, mergullada pola lagoa Antela. O resto, dirán vostedes, continúan a estar ben visibles perante nós,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.