Colle corpo a transformación verde da antiga estación de buses de Ribeira

27 Agosto 2019

20190827 As obras para converter a antiga estación de autobuses de Ribeira nunha área axardinada, humanizada e de lecer, van collendo impulso este mes de agosto, sendo posíbel, a estas alturas, albiscar boa parte do resultado final (cunha importante ampliación da beira máis próxima ao fogar dos maiores e cos espazos para acubillar a vexetación ornamental perfectamente delimitados). A día de hoxe, ademais, non se obriga aos viandantes a circular arredor do espazo da obra, rodeándoa pola súa beira marítima, senón que é posíbel cruzar a contorna polo seu centro, máis comodamente.

As obras, xa avanzadas, están a ser desenvolvidas pola empresa Canarga, adxudicataria da reforma integral da fachada marítima de Ribeira. Os traballos poñen o punto e final á estación de autobuses construída a principios da década dos noventa, sobre o recheo que sepultou a antiga praia de Colomer. O certo é que a estación estaba a dar sinais claros de deterioro e resultaba evidente que precisaba unha reforma ou, tamén, a súa eliminación e traslado (como finalmente aconteceu), xa que todas as cristaleiras que forman parte da construción, dándolle corpo, estaban esnaquizadas.

Agora o espazo será ocupado por unha zona verde con árbores que complemente e dea continuidade ao miradoiro recentemente inaugurado, coas xa célebres letras de Ribeira en diferentes cores, no principio do paseo do Touro. A contorna intervida tamén servirá de punto de unión entre o carril bici do dito paseo e o que cruza o porto de Ribeira en dirección As Carolinas e Coroso.

A nova estación estará emprazada noutro recanto do Malecón, fronte á praza de Abastos. O proxecto é obra do arquitecto Carlos Seoane e constará dun edificio formado por madeira, granito e aceiro e unha cafetería. O custe é de 300.000 euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

“Una vida para el recuerdo”. Manuel Dominguez

Me siento plácidamente en una butaca y más que soñar me pongo a mirar atrás, muchos años atrás, años vivido en una infancia llena de necesidades, pero pletórica de imaginación. Y sin llorar me pongo a recordar, aquellos barquillos en forma de cono o planos que en...

“Facer cola”. Xulio Xiz

“Facer cola”. Xulio Xiz

A venda de lotería polo Nadal provoca colas que se ata hai pouco se formaban os días previos ao sorteo agora, igual ca todas as celebracións, se amplían de maneira que xa hai que facelas para mercar un boleto que pode facernos ricos, de paso...