Clausurado outro dos cursos de novas tecnoloxías da ribeirense Aula CeMIT

30 Agosto 2019

20190830. A Aula CeMIT de Ribeira acolleu hoxe a clausura do último dos cursos de informática para nenos e nenas incluídos no Agosto Dixital. Desta vez foron doce os rapaces que, con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos, recolleron os seus diplomas da man da concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro Rego.

Desde o día 20, os pequenos estiveron mergullándose nas novas tecnoloxías guiados polo novo axente TIC, Manuel Bello. Antes, xa o fixeran outros 21 cativos, con idades de entre 6 e 9 anos, repartidos en dous grupos debido á alta demanda.

Agora, desde a organización procederase a artellar para este outono novas accións formativas coas que mellorar as capacidades tecnolóxicas da poboación ribeirense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.