Caballero alega os residuos en Sálvora para que a Xunta retire a súa candidatura

20 Agosto 2019

20190820. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou de “ridículo cósmico” o que está a facer o Goberno autonómico mantendo a candidatura das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade. O rexedor olívico aduciu que preto de Sálvora hai “unha montaña de residuos nunha rede protexida, e queren que sexa Patrimonio da Humanidade”, engadindo que se “pretende baleirar alí outros 330.000 metros cúbicos de material que van sacar da desembocadura do Lérez.” Por isto, insistiu en que a Xunta debe retirar esa candidatura e que así o requirirá formalmente por carta a Feijóo.

Pola súa banda, a delegada territorial da Xunta en Vigo, Corina Porro, sinalou que Abel Caballero “inventa” vertidos e datos “falsos” co propósito de prexudicar a candidatura das Illas Atlánticas.

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, solicitou xa a semana pasada unha rectificación do seu homólogo vigués. Esta declaración veu dada despois de que Caballero se amosase crítico anteriormente coa candidatura presentada polo Goberno de Feijóo, expresando tamén o seu apoio á veciñanza de Ons, que colocou pancartas co lema ‘Patrimonio Humanidad: NO; Derechos Isleños: Sí’.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“…e o “medicamentazo”!”. Dr. Xosé Mª Dios Diz

“O mundo non está en perigo polas malas persoas, se non por aquelas que permiten a maldade.Albert Einstein: Alemania 1879 - EUA 1955. Físico e matemático. No estado español, o "medicamentazo" (Real Decreto Lei 16/2012) de Mariano Rajoy (PP)permitiu a exclusión do...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.