Boiro acollerá un obradoiro de Garantía Xuvenil con dúas especialidades do sector hostaleiro

26 Agosto 2019

20190826. O Concello de Boiro recibiu unha subvención a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización do proxecto ‘Obradoiro de emprego de hostalaría Boiro III’. Deste xeito, impartiranse dúas especialidades para un total de 16 alumnos, 8 por cada acción formativa: Operacións Básicas de Cociña e Operacións Básicas de Restaurante e Bar.

O obradoiro está destinado a mocidade de entre 18 e 30 anos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de mellorar a súa empregabilidade, cualificación e inserción laboral.  Para iso, o obradoiro consta dunha parte teórica e outra práctica, coa intención de que o alumnado se forme á vez que traballa, adquirindo así experiencia no sector.

A hostalaría ten un forte impacto no emprego e as empresas requiren cada vez persoal máis cualificado para desenvolver funcións en calquera das distintas disciplinas do sector. Así, a mellora na calidade dos servizos repercute na industria turística. 

Os interesados deberan achegarse á Oficina de Emprego para inscribirse como demandantes de emprego e solicitar o citado taller. O obradoiro comeza o 30 de setembro, cunha duración de 6 meses nos que os alumnos recibirán unha formación dual, aprendendo á vez que fan prácticas a través da elaboración de menús sociais, almorzos saudables ou para eventos gastronómicos do Concello. O horario será de 07.30 a 15.30 horas.

Ademais das prazas para alumnos, o Concello boirense abrirá tamén a convocatoria para a selección dun director, un mestre en Operacións Básicas de Cociña, un mestre en Operacións Básicas de Restaurante e Bar, un mestre de formación complementaria e un auxiliar administrativo.

Para máis información, os interesados poden achegarse ao Departamento de Emprego do Concello de Boiro, chamando ao 981842609 ou mediante o enderezo electrónico orientacion.laboral@boiro.org.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.