Barbanza contará cunha delegación da Asociación TDAH Comarca do Salnés

20 Agosto 2019

20190820. A Asociación TDAH Comarca do Salnés abrirá unha delegación para a zona do Barbanza na Casa da Cultura de Aguiño ‘Manuel Ayaso’.  Esta acción formalizouse coa firma dun convenio de colaboración entre a citada institución e o Concello de Ribeira.

A sinatura tivo lugar esta mañá no Consistorio entre o alcalde Manuel Ruiz e Eva María Silva Noal, en representación da asociación.

O acordo materialízase na cesión dun despacho situado na casa aguiñense para favorecer a realización das actividades propias desta entidade sen ánimo de lucro, formada por pais, nais e familiares afectados polo Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), así como adultos doentes deste e outros trastornos asociados.

En concreto, os membros da asociación atenderán de xeito especializado a persoas afectadas, proporcionándolle as terapias e apoios que necesitan, ademais de dar formación e información. Así mesmo, darán visibilidade ao trastorno ao tempo que se defenden os dereitos das persoas con hiperactividade ou déficit de atención e á integración das mesmas na sociedade.

Dito despacho será cedido de luns a venres, en horario de 15.00 a 21.00 horas. O prazo da cesión establécese por dous anos, prorrogables ano a ano ata un máximo de cinco.

Rebeca Cameán, presente na firma ao igual que a concelleira de Servizos Sociais Ana Ruiz, e Pilar García exercerán de delegadas no Barbanza.

Outros artigos

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.