As quenllas visitan as nosas costas

20 Agosto 2019

20190820 Semella que a costa de Galicia, e a nosa contorna tamén, está a contar este verán cunha inusualmente abondosa presenza de quenllas, prionace glauca polo seu nome científico. Trátase de pequenos tabeiróns, de curta envergadura aínda (arredor de medio metro de lonxitude), que adoitan achegarse a augas de escasa profundidade na procura de alimento. Segundo lembra a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), soen ser exemplares xuvenís que non revisten ameaza algunha para o ser humano, posto que rara vez se achegan a nós ou a calquera animal que sexa máis grande ca eles.
Con todo, a organización galega achega unha serie de consellos por se se dese o caso de atoparnos cunha quenlla nas praias: cómpre deixar que marchen polos seus propios medios e, de non facelo porque están varadas ou por calquera outro motivo, nunca collelas pola aleta caudal se o que queremos é devolvelos ao mar. En calquera caso, o máis aconsellábel é sempre alertar aos socorristas que están máis preto ou ao servizo de emerxencias 112 ou á Rede de Varamentos do CEMMA cunha chamada (ou un Whatsapp con foto) ao número 686989008.

Outros artigos

Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026

A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto...

+

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

“La crisis de Ceuta” – José Castro López

La crisis de Ceuta fue analizada desde muchos ángulos, pero la rabiosa actualidad obliga a volver sobre ella porque deja enseñanzas que, como ciudadanos, debemos conocer. Primero, la entrada masiva en Ceuta, más que un episodio migratorio, es un drama humano de miles...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.