As brigadas deseucaliptizadoras eliminan os rebrotes de especies invasoras na zona do lume de Dodro-Rianxo

19 Agosto 2019

20190819 En marzo a nosa comarca viuse asolada por un dos peores lumes que se recordan: un incendio que comezando en Dodro, estendeuse logo cara o corazón de Barbanza levando por diante, coa súa destrución, boa parte dos montes de Rianxo, entre os que se contaron múltiples hectáreas de eucalipto, pero tamén de bosque autóctono. En total, 1.000 héctareas. O panorama desolador, que pode ver calquera que se achegue ao concello e que ficou a rentes dos principais núcleos de poboación, está a ter unha resposta enérxica e exemplar da cidadanía. Concretamente da comunidade de voluntarias e voluntarios da asociación Verdegaia, que os días pasados fixeron labores de erradicación de eucaliptos nos montes do Castro de Bexo, en Dodro. As Brigadas Deseucaliptizadoras volveron mover ficha.

Segundo conta Verdegaia no seu Facebook, os traballos consistiron basicamente en eliminar os rebrotes da devandita especie invasora nas zonas afectadas, unha especie que, como lembraremos, é pirófita e inza e faise forte coa destrución xerada polo lume. Na cita, baixo o berro Lumes nunca máis! participaron medio cento de brigadistas voluntarios, en colaboración coa Comunidade de Montes da Cruz do Avelán, o Concello de Dodro, a Asociación Veciñal San Xoán de Laíño e a Asociación Cultural Unidade Veciñal de Dodro.

Segundo lembran dende Galicia Confidencial, o Castro de Bexo tamén se coñece como As Murallas, e está catalogado por Patrimonio polo seu importante valor etnográfico, cultural e natural, e por ser un dos asentamentos máis grandes da contorna. A acción deseucaliptizadora desta fin de semana ten a súa orixe na confluencia entre as brigadas de Verdegaia e os integrantes da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común da Cruz do Avelá, entre cuxos obxectivos figura a posta en valor do asentamento cun proxecto de xestión arqueolóxica que contempla a erradicación do eucalipto na súa contorna.

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a décima edición de Os 100 do Barbanza

O percorrido da presente edición Esta fin de semana, o sábado 21 e o domingo 22 de xuño celebrarase a nova edición (a décima) da xa histórica proba Os 100 do Barbanza, a andaina-ultratrail de 100 quilómetros que percorre os sete concellos da península do Barbanza. A...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.