Amplíase o programa de estudo do corvo mariño con GPS, que xa recolleu 11.000 posicións

12 Agosto 2019

20190812 Tecnoloxías de seguimento para estudar e protexer o noso corvo mariño, en aparencia moi presente nas nosas costas, pero, como tantas especies mariñas, en risco (principalmente) pola influencia negativa do ser humano. Así se podería definir o proxecto do Parque Nacional das Illas Atlánticas para facer monitoraxe da devandita ave costeira, un proxecto que xa leva tempo en funcionamento (dende hai uns dous anos) pero que agora vén de ser obxecto dunha ampliación que optimizará o labor de seguimento e incorporará dous novos exemplares ao programa. Este apóiase no uso de dispositivos GPS.

As tecnoloxías empregadas xa recolleron máis de 11.000 posicións de localización por satélite dende a súa posta en marcha.

Segundo informa o Goberno galego, impulsor do proxecto, trátase dunha iniciativa pioneira na nosa terra e da que “apenas existen precedentes no resto do mundo”.

Atendendo ao balance provisional do proxecto, este ano xa se recolleron preto de 7.000 posicións, ás que cómpre sumar as máis de 4.000 que foran transmitidas en 2018 polas dúas femias rexistradas con base nas illas de Ons e Sagres (Aguiño), as primeiras equipadas con dispositivos remotos no marco desta iniciativa. Segundo a dirección do Parque, a monitoraxe realizada até agora, malia basearse nunha mostra de tan só catro aves (unha delas deixou de transmitir en decembro de 2018), “ten proporcionado datos de gran interese”.

Deste xeito, a distribución das posicións GPS das aves estudadas sinala que os corvos mariños adoitan utilizar unha área mariña moi extensa das Rías Baixas, aínda que con marcadas diferenzas entre individuos. Así, as aves de Cíes estenderon a súa actividade polas augas de Cíes, Ons, Onza, Nerga, Aldán, Sálvora, Ribeira e mesmo A Illa de Arousa. Con todo, o comportamento da femia procedente de Sagres é distinto, xa que adoita desprazarse pouco, sendo raro que abandone as augas entre Aguiño e Sálvora.

Outro dato de interese é relativo ao seu sustento: os datos apuntan a que unha parte importante das poboacións de corvo mariño das illas podería estar alimentándose de xeito rutineiro fóra do espazo protexido, e que mesmo pasarían longas tempadas fóra del.

Os dispositivos que se empregan para marcar ás aves caracterízanse por ser ultralixeiros, con apenas 17 gramos de peso, e pola súa capacidade para transmitir posicións GPS pola rede GSM, a mesma que ata hai pouco utilizaban os teléfonos móbiles. O problema da auga solucionouse deste xeito: “Ao tratarse o corvo mariño dunha ave mergulladora, os aparellos tamén son hidrodinámicos e totalmente impermeábeis, ademais de resistir grandes variacións de presión, xa que os corvos mariños poden chegar con frecuencia ata os 30 metros de profundidade”, explica o Parque Nacional, engadindo que “os dispositivos funcionan cun diminuto panel solar e monitorízanse directamente vía Internet”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.