Alumnado dos campamentos de conciliación de Ribeira visitan a illa de Sálvora

28 Agosto 2019

20190828. Un grupo de rapaces dos campamentos de conciliación Verán Cultural que promove o Concello de Ribeira desprazáronse ata Sálvora para coñecer de primeira man a riqueza ambiental e etnográfica que atesoura esta illa, pertencente á parroquia de Aguiño e incluída dentro do Parque Nacional Illas Atlánticas.

Os cativos estiveron alí durante esta mañá e foron acompañados das concelleiras María Sampedro, responsable de Cultura, e Ana Ruiz, de Servizos Sociais. A estancia foi aproveitada por ambas edís para ver tamén in situ o labor que están a realizar os usuarios do taller de carpintería do Servizo de Drogodependencias de Ribeira, que permanecen desde o pasado luns na illa co obxectivo de desenvolver tarefas de voluntariado ambiental e restaurar unha antiga chalana situada no pazo de Sálvora.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...