Adxudicación provisional das obras nas vías do Agro do Areal e Carolo, en Palmeira

13 Agosto 2019

20190813. A adxudicación provisional dunha nova actuación permitirá a pavimentación e instalación de rede de pluviais en Agro do Areal e Carolo, na parroquia ribeirense de Palmeira.

A empresa que resultou mellor clasificada no procedemento de licitación das 23 ofertas presentadas foi a empresa Construcións Fermín Simal, S.L., cun investimento de 60.197’5 euros.

Na actualidade, o pavimento da rúa Agro do Areal é de formigón e a súa rede de pluviais é deficitaria, mentres que o camiño de Carolo rexistra un firme de aglomerado asfáltico en mal estado, cunha rede de pluviais tamén en mal estado que provoca frecuentes atascos na calzada.

Co obxectivo de solucionar estas eivas, as obras que se pretenden realizar fundaméntanse na pavimentación e instalación da rede de pluviais. No que respecta ao Agro do Areal, será pavimentado con formigón pulido no que se intercalarán franxas de adoquín de formigón; mentres que en Carolo se estenderá unha capa de aglomerado asfáltico en quente. Así mesmo, en ambas vías procederase á instalación dunha nova rede de pluviais, con tubaxes de PVC de 315 milímetros de diámetro.

A actuación está financiada polo Plan de Obras e Servizos (POS) +2018 da Deputación da Coruña e ten un prazo de execución de dous meses.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.