A Xunta licita obras na estrada AC-550 ao seu paso por Ribeira

06 Agosto 2019

20190806. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica na Plataforma de Contratos da Xunta de Galicia a licitación das obras de renovación de beirarrúas e pluviais na estrada autonómica AC-550 ao seu paso polo Concello de Ribeira, entre Padín e Deán Pequeno, cun investimento de preto de 315.000 euros.

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 2 de setembro. Os traballos teñen un prazo de execución de 3 meses.

A actuación consiste na mellora e reposición de toda a beirarrúa deteriorada da AC-550, na súa marxe esquerda no seu acceso á poboación, entre os puntos quilométricos 107+320 e 107+870, na Avenida de Ferrol. E na súa marxe dereita actuarase entre os puntos quilométricos 107+460 e 107+870.

Os traballos inclúen a substitución do pavimento, colocando novas baldosas de formigón en branco ou gris e novos bordos. Tamén se poñerán a cota do novo pavimento as arquetas e os pozos de rexistro nas zonas de actuación, así como a modificación dos pasos peonís actuais.

Ademais, mellorarase a drenaxe, aumentando o número de sumidoiros na marxe esquerda de modo que a separación entre eles sexa menor de 30 metros. Pola súa parte, a marxe dereita carece de sumidoiros, polo que é preciso instalar un novo colector de pluviais conectado mediante pozos de rexistro a novos sumidoiros.

Así mesmo, entre os puntos quilométricos 107+700 e 107+775 o colector de fecais atopase en mal estado polo que se procederá a súa reposición.

Con estas actuacións o departamento de Infraestruturas da Xunta de Galicia “continúa a traballar para mellorar e conservar a rede viaria autonómica, ofrecendo unhas estradas cómodas e seguras para todos os seus usuarios e fomentando o desenvolvemento económico e social dos municipios.”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.