A xerencia sanitaria compostelá destina 80.000 euros a obras no PAC de Boiro

13 Agosto 2019
Cedida por Sergas

20190813. As obras da primeira fase de ampliación e reforma do Punto de Atención Continuada (PAC) de Boiro acaban de rematar grazas a un orzamento de 80.000 euros. A xerente de xestión integrada de Santiago, Eloína Núñez, acompañada por membros do equipo directivo da área sanitaria, visitaron as novas consultas e a sala de observación que xa están operativas. No percorrido estiveron coa xefa do servizo, Julia Rey, e coa coordinadora de enfermería do Centro de Saúde de Boiro, Elena Graña.

Trátase dunha reforma integral que afecta a unha superficie de 260 metros cadrados e que ademais suporá un incremento de espazo dedicado á actividade asistencial. As obras afectarán tanto á parte de traballo coma á de estar do persoal do PAC, executándose en fases consecutivas para “interferir o menos posible no normal funcionamento das urxencias.”

A dixitalización por parte do Sergas, así como as melloras sanitarias permiten poñer a disposición os antigos espazos dedicados a arquivo das historias clínicas. Segundo fontes do Sergas, “ademais de adecuar os novos espazos, na reforma se intervén no resto da áreas aplicando melloras na distribución, nos acabados e nas instalacións, e moi especialmente na renovación das instalacións eléctricas, e da carpintería.”

Na xa finalizada primeira fase, acondicionáronse 3 espazos de atención sanitaria. Un deles, destinado a observación permitirá a monitorización e a estabilización dun doente en estado crítico antes de proceder ao seu traslado a un centro hospitalario, así como a administración dun tratamento médico que requira que o doente permaneza en observación durante un tempo no centro de saúde. Tamén se rematou o acondicionamento, totalmente renovado, de dúas consultas.

Na segunda fase habilitarase unha nova consulta de enfermería, nun espazo anteriormente dedicado a espazo administrativo do centro de saúde. Así mesmo, actuarase para dotar ao centro de saúde dun terceiro posto de atención administrativa directa ao público.

A terceira fase afectará ás antigas consultas médicas para habilitar o espazo definitivo de recepción de doentes, facilitando un punto claro de atención aos doentes e xerando un espazo de espera de acompañantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

“Villa de Pitanxo: quen minte aquí, señoría?”. Antón Luaces

Case que dous anos despois do naufraxio en Terranova do arrastreiro de Marín "Villa de Pitanxo", seguen as contradicións nas declaracións do patrón e un sobriño deste, as da casa armadora Nores, e un mariñeiro ghanés, tripulante do buque afundido a cuxas teses se...