A rapazada de Boiro mergullouse este agosto na robótica

26 Agosto 2019
Participantes no obradoiro nunha imaxe de Canal Barbanza

20190826 O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) desenvolveron en Boiro un taller sobre robótica construtiva e colaborativa para a mocidade. A cita, celebrada ao abeiro do programa de divulgación TechKids, impulsado polas ditas entidades, foi o 19 de agosto, na aula CeMIT local, en horario de mañá, e nela participou unha ducia de nenas e nenos de idades comprendidas entre os 9 e os 16 anos.

Segundo informaron os organizadores, a actividade iniciou ás nenas e nenos de 9 a 16 anos na programación dun xeito entretido, botando man de recursos concretos e ilustrativos como por exemplo un Mbot, un robot comercial que dispón das ferramentas precisas para introducir ás nenas e nenos nos segredos e nas potencialidades da robótica, dunha maneira lúdica.

A actividade consistiu en superar mini-retos, cada un dos cales, unha vez resoltos, instruíu ás alumnas e alumnos nun algoritmo distinto de programación. Os participantes, amais, experimentaron coa programación por bloques, aprendendo o ciclo da vida do software, os condicionais, as variábeis e os algoritmos.

Por outra banda, os participaron tiveron ocasión de interactuar cun MBot radiocontrol, construíndo colectivamente un mando a distancia para controlalo coma se fose un coche de radiocontrol.

Outros artigos

Boiro celebra o Samaín cunha nova edición do Túnel do Terror

Este sábado 31 de outubro imos ter en Boiro unha das principais actividades do programa de Samaín no Barbanza: o Túnel do Terror que organiza cada ano o colectivo xuvenil Turbina co apoio do Concello de Boiro. Dará comezo ás 18.30 horas no local Leñaverde (Centro...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.