A Pousada regresa en setembro cun completo menú de punk-rock

26 Agosto 2019
A banda muradana Lisdexia

20190826 Tralo descanso merecido destes días, A Pousada da Galiza Imaxinaria volve en setembro con enerxías renovadas, as mesmas que acumularon os seareiros locais da boa música (a música que escoitaremos, tamén, o día de mañá). O sete de setembro A Pousada reabre portas ás 21.00 horas cunha tripla fórmula de éxito.

A devandita fórmula de tres ingredientes vén da man da banda de punk-pop Lisdexia dende Muros (que presentaron o ano pasado o seu primeiro disco, Chejar e encher, e que está formada por cinco amigos da dita vila con formación conxunta e compartida na Escola de Música Municipal de Muros e no Conservatorio de Música Felipe Paz Carvajal), Break Out (grupo de trapcore que mestura o estilo hardcore co trap e que está a presentar detalles e temas da súa primeira maqueta oficial) e Archivo Adxunto (outra banda de Muros de punk-rock, formada polos músicos locais Javier Fernández Lariño, Yeray Santana Lestón e Adrián Bouzas Caamaño, que presentan esta tempada un disco que marca as diferenzas até no seu título: Libertad de opresión).

O prezo do concerto é de 6 euros, e está previsto o inicio das actuacións sobre as 22.00 horas da noite.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.