A Pobra ofrece unha visita á illa de Sálvora

09 Agosto 2019

20190809. O sábado, 24 de agosto, terá lugar unha visita á illa de Sálvora desde A Pobra do Caramiñal. A cita incluirá tempo de lecer na praia, a ruta da aldea, a ruta do faro e a observación nocturna do firmamento porque esta illa é destino Starligth, é dicir, consta dun dos ceos mellor preservados fronte á contaminación luminosa.

A viaxe realizarase en catamarán, establecéndose a saída para ás 16.00 horas e o regreso para as 00.00 horas. O prezo para adultos é de 24 euros, mentres que os cativos de 4 a 12 anos pagarán 16 euros.

As prazas son limitadas, polo que se pode reservar a través da páxina web www.piratasdenabia.com ou chamando ao 986320048. Así mesmo, os interesados poden solicitar información nos contactos 671090262 e 687482835.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.