A Pobra do Caramiñal acollerá xornadas de turismo mariñeiro

05 Agosto 2019

20190805. Os días 10, 15, 24 e 31 de agosto desenvolveranse na Pobra do Caramiñal actividades enfocadas no turismo mariñeiro. Os interesados poden anotarse na Oficina de Turismo situada no parque do Castelo ou enviando un whatsapp ao 687482835, pois as prazas son limitadas. Cunha duración de hora e media, a Oficina de Turismo servirá como punto de encontro.

O prezo é de 12 euros por adulto e de balde para os cativos ata 10 anos. Ademais, o custe inclúe gorra, botas de auga, visita guiada e obradoiro.

Así mesmo, para a realización destas xornadas é imprescindible roupa e calzado cómodos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.