A Pobra do Caramiñal acollerá a campaña contra o furtivismo de traxe de baño

30 Agosto 2019

20190830. Os areais da Pobra do Caramiñal inclúense dentro da campaña ‘Non sexas pirata!’ posta en marcha pola Xunta de Galicia, a cal ten por obxectivo loitar contra o coñecido como ‘furtivismo de bañador’, é dicir, a extracción ilegal de marisco. Así, a iniciativa desenvolverase con xogos e información no posto da praia dos Areos o domingo, 1 de setembro, de 12.00 a 20.00 horas.

O Goberno galego impulsou esta campaña baixo o lema ‘Á praia vense a gozar, non a saquear!’ para concienciar sobre a ilegalidade que supón extraer marisco sen permiso de explotación, ao tempo que se pon en valor a importancia do sector marisqueiro, chegando a aqueles areais con máis visitantes e que contan cunha maior produción marisqueira de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.