A mobilización en Change.org contra a depuradora de mexillón de Castiñeiras xa está preto das 900 sinaturas

28 Agosto 2019

20190828 A mobilización contra o proxecto de implantación dunha depuradora de mexillón no porto de Castiñeiras deu o chimpo á Rede, coa posta en marcha dunha recollida online de sinaturas para frear a devandita iniciativa. As protestas están a coller corpo en Change.org, cunha campaña lanzada por Juan Carlos Sampedro Pérez. Segundo fai saber “os apoios buscan deter o proxecto de instalación dunha depuradora de mexillóns na praia de Castiñeiras, unha intervención que prexudicaría a boa parte da xente da vila, dos areais e dos bancos marisqueiros, e que afectaría tamén á destrución da contorna natural para o beneficio dunha empresa privada”. A campaña, este mércores 28 de agosto, xa contaba con preto de 900 apoios.

As mobilizacións tamén están a ter unha vertente non dixital. Sen ir máis lonxe, a mediados de agosto celebrouse unha concentración de rexeitamento en Castiñeiras. Segundo explicaron os asistentes, o proxecto significaría a “destrución do entorno”, xa que que se están a romper as rochas do monte do Castro “para beneficio dun particular” e estase a facer un recheo portuario invadindo litoral rochoso, deteriorando así a imaxe da paisaxe. Os presentes tamén indicaron que non viron o informe do impacto ambiental “que para esta zona debería ser ríxido e completo nas súas esixencias. Deteriorase o dominio público para beneficio privado.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.