A Garda Civil detivo a un veciño de Rianxo como presunto autor de varios delitos

21 Agosto 2019
Cedida pola Garda Civil

20190821. A Garda Civil de Boiro, en colaboración coa Policía Local deste municipio, detivo a un individuo como presunto autor dun delito contra a saúde pública, outro de usurpación de estado civil e un terceiro contra a seguridade do tráfico.

Os feitos sucederon cando a Policía Local boirense detectou a un individuo durmindo no interior dun vehículo estacionado na praza da Terceira Idade, nas inmediacións do centro social.

A patrulla procedeu á identificación do ocupante e á inspección do vehículo, atopando no seu interior dous cans deitados nos asentos traseiros e no maleteiro restos de follas e plantas, posiblemente de marihuana.

Ante o descubrimento realizado, os efectivos actuantes solicitaron o apoio da Garda Civil, desprazando a Benemérita a unha patrulla da Unidade territorial e compoñentes da Área de Investigación da mesma ao lugar. A Policía Local informou aos integrantes da patrulla dos feitos acaecidos e facilitoulles o D.N.I. aportado polo detido para a súa identificación.

Tras verificar o documento aportado, a Garda Civil constatou que o mesmo non correspondía coa identidade da persoa que o portaba. A forza actuante procedeu ao palpado superficial do detido, atopando no interior da súa vestimenta dous envoltorios de plástico e un de aluminio, os cales albergaban unha sustancia branca en forma de roca, supostamente cocaína, que unha vez pesada indicou un total de 37’02 gramos.

A Garda Civil solicitou a colaboración de persoal de Protección Civil para a extracción con seguridade dos cánidos, co obxectivo de realizar a inspección completa do vehículo, descubrindo durante a mesma unha carteira con 403’20 euros, dúas pistolas de gas, 8 aneis de fantasía, unha navalla e un teléfono móbil.

A Benemérita procedeu á detención do individuo, como presunto autor dun delito contra a saúde pública, pola cantidade de droga que portaba, outro de usurpación de estado civil, por presentar un documento pertencente a outra persoa para a súa identificación e un terceiro contra a seguridade do tráfico, por acceder e estacionar o seu vehículo nunha zona de tránsito peonil exclusivamente.

A Garda Civil puxo ao detido, xunto coas actuacións realizadas, os obxectos atopados e o vehículo, a disposición do Xulgado de Instrución Número 2 de Ribeira.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.