Xosé A. Neira Cruz gaña o Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

05 Xullo 2019
Neira Cruz nunha imaxe recente publicada en Lecturafilia.com

20190705 Finalmente xa sabemos o gañador da segunda edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Concello de Pobra do Caramiñal co obxectivo de impulsar, difundir e reivindicar o importante traballo das autoras e autores da nosa terra para introducir á rapazada no sempre sorprendente e enriquecedor mundo dos libros. Segundo se fixo saber esta semana, o xurado reunido na Pobra (composto pola escritora Patricia Mallo, a vocal da Asociación Cultural Barbantia Pilar Sampedro e o director xeral da Editorial Galaxia Francisco Castro), decidiu por unanimidade declarar gañadora do certame a obra O enigma do baúl pechado de Xosé A. Neira Cruz.

O xurado salientou a “fermosura da linguaxe poética empregada polo autor”, malia tratarse a temática dunha cuestión dura e difícil como “son as dificultades que moitas veces teñen as persoas inmigrantes para se integrar entre nós, tanto dende o punto de vista social como cultural”. Asemade, Mallo, Sampedro e Castro enxalzaron o punto de vista adoptado para desenvolver a trama, unha óptica próxima “ao marabilloso que entronca perfectamente coa vella e fecunda tradición literaria que vén dende Cunqueiro ata os nosos días”. Amais, o xurado puxo de manifesto a capacidade da obra para sensibilizar ás novas xeracións na defensa da igualdade e a loita contra dos prexuízos.

O II Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, convocado polo Conello da Pobra do Caramiñal, a Editorial Galaxia e Barbantia, ten como finalidade honrar a figura do recentemente falecido Carlos Mosteiro, escritor fundamental da literatura infantil e xuvenil amais de ser un autor moi estreitamente ligado á nosa comarca. O premio consiste na publicación da obra por parte de Galaxia na súa colección Árbore e 1.500 euros para o gañador.

O galardoado

Xosé A. Neira Cruz (Santiago de Compostela, 1968) é xornalista, escritor e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en Xornalismo e Filoloxía Italiana, é doutor en Ciencias da Comunicación e en Filoloxía Italiana. Autor de máis de 30 obras de creación literaria, recibiu, entre outros, o Premio Merlín (1988, 2000), o Barco de Vapor (1997, 1999), o Raíña Lupa (2002), o Premio Lazarillo (2004), o Fiz Verga Vilariño de Poesía (2007), o White Ravens (2005, 2009), o Premio ao mellor libro estranxeiro publicado no Brasil en 2008, e os premios Barriga Verde e Manuel María de teatro (2008, 2009, 2010). Os seus títulos máis recentes son O sono das sereas (2017, Premio Repsol) e As vidas de… Antonio Fraguas (2019).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Momentos Altos”. Mario Clavell

“Momentos Altos”. Mario Clavell

Camino dos minutos pisando hojas caídas de los olmos de Santa Clara. A través de losauriculares oigo el andante del concierto 2 para piano de Rachmaninov, plas, plas, plas…Saludo al vecino José Antonio en la parada del bus número 6, y veo nubes blancas entre...

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

“Feijóo une su suerte a la de Mazón y Abascal”. Manuel Velo

Mazón se desentendió de la Dana el día 29 al coger un día de asueto para mocear con una periodista, habiendo dicho que no pudo estar en contacto con emergencias por un apagón de falta de cobertura, una mentira más, cuando la periodista declaró que tuvo constantes...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.