Xa está en liña o caderno de bitácora da LXXI Festa da Dorna

16 Xullo 2019

20190716 Para unha dorneira ou dorneiro de pro, o programa da Festa da Dorna é máis que o caderno de bitácora persoal, aínda que tamén: é o plotter con GPS e sonda incorporada, e, de paso, con carta dixital para vernos a nós mesmos navegando por Ribeira adiante, e non perder o rumbo. Todo isto vén a conto porque a Confraría da Dorna vén de lanzar a edición dixital do Caderno de Bitácora da LXXI Sinjladura da festa. Ou sexa, o mundialmente recoñecido (polos seus valores literarios, xornalísticos e sociais) programa de actividades dorneiro. E aviso a navegantes: a festa comeza o 18, aínda que xa se nota o ambiente nunha manchea de detalles. Por exemplo nos escaparates dunha manchea de establecementos, como o que se ve na imaxe que acompañamos, na farmacia do malecón.

A Festa da Dorna deste ano, a edición 71, terá sete días festeiros, do 18 ao 24 de xullo. O programa inclúe 70 actividades para tódolos públicos, entre as que se contan citas de “longo percorrido”, como o Jran Premio Cutre Shark de Embarcasións Feitas á Machada e Propulsadas a Pan de Millo do día 24 ou, xa no plano das novidades, as actuacións de artistas tan destacados como Sés, A Banda da Loba, De Vacas, Boikot e Reincidentes, entre outros.

A troula comeza o 18

Respecto do programa do día 18, a xornada inaugural, as actividades comezarán sobre as 18.30 no parque García Bayón, a carón da Galeguiña, onde os locais co distintivo de Profesional Dorneiro oficiarán á súa maneira de inauguradores. Logo será a quenda dos decibelios, co concerto de De Vacas ás 21.15 horas no escenario do sol, o percorrido do Facho Dorneiro a partir das 22.35 horas e Seremonia de Inisiasión ás 23.00 horas, na porta do Sol. O programa da primeira xornada complétase coa macroqueimada dorneira ás 23.20 horas e o concerto de Sés ás 23.40 horas, tamén no escenario do Sol.

Outros artigos

Aguiño rende culto á navalla na súa décima festa gastronómica

A lonxa de Aguiño converteuse este domingo no epicentro gastronómico do Barbanza coa celebración da X Festa da Navalla. Centos de persoas achegáronse ata as inmediacións do recinto portuario para degustar un total de 600 quilogramos deste bivalvo, despachado á prancha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.