Vinte persoas reciben o seu diploma na clausura do obradoiro Tahume V

29 Xullo 2019

20190729. O ribeirense Centro Cultural Lustres Rivas albergou esta tarde o acto de clausura do obradoiro de emprego Tahume V que nos últimos nove meses se estivo a desenvolver como unha acción compartida entre Ribeira e Porto do Son, contando cunha achega da Consellería de Economía, Emprego e Industria de 316.000 euros.

O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, acudiu a este evento que contou coa presenza institucional representando ao Concello de Ribeira do seu alcalde Manuel Ruiz e do seu edil Ramón Doval, mentres que polo veciño municipio sonense acudiron os concelleiros María José Maneiro e Manel Deán.

En total foron 20 as persoas que desde novembro do 2018 estiveron a formarse ben en traballos de carpintería e moble ou ben en actividades auxiliares en conservación e mellora de montes, ao tempo que efectuaron traballos beneficiosos para a comunidade, como a fabricación de mobiliario en madeira ou a conservación de masa forestal.

Deste xeito, os traballos prácticos no Concello de Ribeira consistiron na mellora do mobiliario de madeira de 9 centros educativos do municipio; na mellora de equipamentos públicos na rúa Cordieiro e Porto de Currubedo; na instalación de pasarelas de madeira nas praias de O Castro e Corna; no mantemento do mobiliario urbano no paseo de Coroso, área de Fontán e zona recreativa de Olveira, nas prazas de Centenario, Pablo Neruda, Concello, parque de Abesadas, Río Azor, Touro e Ameixeda; e finalmente en actividades auxiliares de mellora do Parque Periurbano de San Roque e do Monte Couso.

Por outra banda, no Concello de Porto do Son colocáronse 8 peches de madeira para contedores de lixo en Miñortos, Portosín, Nebra, Noal, Bariña, Queiruga, Caamaño e San Pedro de Muro. Ademais, instalouse unha varanda no miradoiro da fervenza na parroquia de Ribasieira, unha pérgola e unha pasarela en Portosín; así como a  mellora dos paseos marítimos dos núcleos urbanos de Porto do Son e Portosín.

Outras das actividades do obradoiro consistiron na mellora da masa arbórea e na creación doutras en zonas desarboladas nas parroquias de Noal, Baroña, Ribasieira e San Pedro de Muro.

Ovidio Rodeiro destacou que “estes obradoiros permiten aos participantes obter unha cualificación profesional que favorece a súa posterior inserción laboral. Esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios reciben formación específica que lles permite iniciar os seus propios proxectos.”

Na súa intervención, o alcalde Manuel Ruiz adiantou que a relación que durante cinco anos consecutivos uniu a Ribeira e Porto do Son para levar a cabo os obradoiros Tahume interrómpese temporalmente, xa que desta vez o concello ribeirense solicitou á Xunta un obradoiro de emprego de cociña aproveitando que se está a adaptar o segundo andar do mercado para crear unha escola de hostalería e perfeccionar a formación neste sector.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.