Vinte e dous integrantes de Amicos visitarán a Casa do Concello e a Sala Museo de Ribeira

16 Xullo 2019

20190716. Un total de 22 integrantes do centro de educación especial de Amicos efectuarán mañá unha visita guiada pola Casa do Concello e pola Sala Museo Municipal de Ribeira nas que poderán coñecer as dúas exposicións que se están a exhibir nestas instalacións. Trátase de O mar, o barco e máis nós, mostra de Marisol Penas; e O labor en silencio, con fotografías antigas de mulleres do municipio cedidas por veciños e asociacións.

Esta iniciativa enmárcase nas visitas guiadas que organiza o Servizo Municipal de Normalización Lingüística do Concello ao longo de todo o ano para achegar a acción municipal a grupos de estudantes e outros colectivos.

A visita comezará ás 11.15 horas, na Casa do Concello, e rematará ás 12.30 horas, na Sala Museo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.